AS LABAZAS.

Non lembra como son as labazas? pois mire

A labaza é unha planta da familia das pligonáceas, a Rumex pulcher. É unha herba das peorciñas para os prados.
Andamos coa herba seca e temos que ter coidado cos prados que teñen moita labaza. Ao comer esa herba a vaca, a semente pode pasar co xurro a outros prados, a non ser que bote o xurro polo menos tres meses no tanque.
Ten problema recollela curada, cando se ensila aínda non está a semente formada e non preocupa, deste xeito non se reproduce. Tamen temos que cuidarnos de non FRESAR as fincas que teñen labazas, tamen se reproduce pola raíz, se fresas dunha fas 20.

As labazas reprodúcense pola semente e multiplícanse pola raíz, este apararello manual () non é moi efectivo pois raramente se consegue sacar a raíz enteira ( entre 25 e 40 cm), cando non sae enteira queda viva e pode tardar dous ou tres anos en volver chegar á superficie, pero chega. O mellor é a herbicida específica, e aínda así pódese reducir pouco a pouco. É moi difícil acabar con ela.

Cando a vaca come a semente, pasa todo o proceso dixestivo e sae intacta, e se non se almacena durante tres meses o xurro, cando se estercan os eidos con el, estase a sementar máis do mesmo.

A HERBA DO DEMO.

Cando andamos coa ensila lembrámonos de que agora vemos bastante entre o millo a herba do demo tamén coñecida como estramonio. Segundo os libros a palabra vén do latín stramonium. As follas secas machacadas poden empregarse como analxésico local e fumábanse para solucionar problemas respiratorios; tamén serven de alucinóxeno pola súa acción soporífera e hipnótica

A DURMIDEIRA

No outono vemos polos arredores nos camiños e eidos (por ex. en Vilaguellulfe) esta herba , que seica ten uns efectos especiais. Din que mesmo nalgúns sitios a cortou a Garda Civil nos camiños ante o abraio dos veciños. Antes seica poñían as follas da durmideira debaixo da almofada os que tiñan problemas para durmir