A gandería Os Parentes de Carballedo recibe o premio pola difusión do galego do IES Lama das Quendas en maio de 2018

1. Texto enviado para o acto por don Xesús Ferro Ruibal, da Real Academia Galega:

A metade norte de Galicia é un exemplo e unha esperanza. Mentres o mundo rural vai quedando sen xente, o mato avanza devolvéndonos á Idade Media. Entramos cegos nunha cultura urbana na que todo o esencial para a vida non o producimos senón que o temos que comprar. Por iso esta metade norte de Galicia é un exemplo e unha esperanza, porque aínda mantén o mesmo millón de vacas de hai cen anos e, consecuentemente, mantén uns prados de herba e unha produción agrícola para mantelas.

É sintomático que a Galicia dos incendios é a que quedou sen vacas. Tamén é sintomático que de familias da provincia de Lugo veu a reordenación da produción e comercialización da carne e do leite de Galicia.

Os Parentes de Trasar en Carballedo manteñen toda a diversificación da economía rural tradicional pero nun volume e calidade propia da agricultura de mercado do século XXI. Son empresa no mellor sentido da palabra pero seguen sendo unha familia de agrogandeiros homologables ás mellores de Europa

Por iso Os Parentes de Trasar, en Carballedo, levan moitos anos estibando na internet toda a cultura popular, léxica, fraseolóxica e mítica que expresa os días e os traballos da súa actividade profesional. E esa comunicación co universo sempre a fixeron en galego e con bo humor. Así que, ademais de produciren leite, emiten cultura galega viva e amable en lingua galega

É certo que no século XXI os labregos e gandeiros non son os ídolos sociais. Pero por iso ten mérito que o Instituto Lama das Quendas, de Chantada, descubra que Os Parentes merecen ser ídolos, porque sen o traballo agrogandeiro teríamos que importar, a prezo de ouro, os alimentos indispensables para a existencia.  Os Parentes son un exemplo visible da continuidade da nosa lingua e da nosa cultura. Pero non unha continuidade inerte senón unha continuidade activa e militante.

Quixera poder estar aí para darlle unha aperta ós premiados.  Súmome dende a distancia. Parabéns a premiados e premiadores por conservárde-lo ouro máis prezado que ten a nosa Galicia.

Saúde.

2.- Documento de concesión:

Premio

3.- Vídeo de Televinte Chantada que recolle o acto:

4.- Fotos do acto tomadas de Televinte:

Premio 

Premio

Premio

Premio

Premio

Premio

Premio

5.- Noticia en La Voz de Galicia:

O instituto chantadino Lama dás Quendas distinguiu á Sociedade Cooperativa Galega Os Parentes, con sede en Carballedo, co premio que concede desde o 2016 a entidades públicas e privadas que sobresaen pola súa contribución ao uso da lingua galega. A distincion recoñece ademais a importancia deste modelo de asociacionismo agrario na economía rural.

VOLVER Á WEB DOS PARENTES