Felicitacón do 2013

Para aqueles amigos de internet que viven lonxe e non poden visitarnos:

Temos una vaca nos Parentes que sabe aloumiñar moi ben... tamén quixo mandarlles unha lambedela aos internautas que visitan www.osparentes.eu
Vista xeral dunha parte do establo dos Parentes. E saúdo dunha das nosas leiteiras para todos os seguidores da páxina www.osparentes.eu
Os Parentes procuran que as vacas estean moi cómodas e tranquilas: moita limpeza, luz natural, local amplo, camas xeitosas... que as vacas poidan remoer e descansar...
Aquí está o gando máis novo, as becerriñas. Coidámolas con mimo, son o noso futuro, temos que mellorar a raza día a día. A Marta cóidaas con moito cariño
Sala de munxir dos Parentes limpa como unha patena. Teñen sempre moito coidado en limpar, unha teima compartida por todos os socios
Para lles dar de comer a tantas vacas cómprennos uns silos ben grandes, de millo e de herba. Pero así controlamos nós a súa alimentación.
Non só hai que atender as vacas. Tamén hai un montón de papeleo: mapas dos eidos, cuadrantes de reprodución, inseminación, historia de cada animal, etc.
Rodeando as instalacións temos bos prados para que as vacas secas e as xovencas poidan pacer en liberdade
A música de fondo nos vídeos é a Radio Galega, é a que mellor lles presta. Os continuos crak son os ferros onde meten a cabeza as vacas para comeren