Os Parentes Sociedade Cooperativa Galega
Para aqueles amigos de internet que viven lonxe e non poden visitarnos:
Temos una vaca nos Parentes que sabe aloumiñar moi ben... tamén quixo mandarlles unha lambedela aos internautas que visitan www.osparentes.eu |
|
Vista xeral dunha parte do establo dos Parentes. E saúdo dunha das nosas leiteiras para todos os seguidores da páxina www.osparentes.eu |
|
Os Parentes procuran que as vacas estean moi cómodas e tranquilas: moita limpeza, luz natural, local amplo, camas xeitosas... que as vacas poidan remoer e descansar... |
|
Aquí está o gando máis novo, as becerriñas. Coidámolas con mimo, son o noso futuro, temos que mellorar a raza día a día. A Marta cóidaas con moito cariño |
|
Sala de munxir dos Parentes limpa como unha patena. Teñen sempre moito coidado en limpar, unha teima compartida por todos os socios |
|
Para lles dar de comer a tantas vacas cómprennos uns silos ben grandes, de millo e de herba. Pero así controlamos nós a súa alimentación. |
|
Non só hai que atender as vacas. Tamén hai un montón de papeleo: mapas dos eidos, cuadrantes de reprodución, inseminación, historia de cada animal, etc. |
|
Rodeando as instalacións temos bos prados para que as vacas secas e as xovencas poidan pacer en liberdade |
|
A música de fondo nos vídeos é a Radio Galega, é a que mellor lles presta. Os continuos crak son os ferros onde meten a cabeza as vacas para comeren |